lunes, 14 de diciembre de 2015

Trece Rosas Rojas




 A historia das trece rosas


Tras a ocupación de Madrid polo exército franquista e o fin da guerra, comeza unha gran represión para sacar a luz a todos os ‘vermellos’ ou que tiveran indicios de selo.
Cada día aparecían nos periódicos, homes e mulleres, que eran reclamados para presentarse frente aos órganos do Estado.
O PCE e as JSU  intentaron reorganizarse clandestinamente, pero José Pena, secretario xeral do comité provincial das JSU, foi detido por unha adelación e obrigado a dar, mediante torturas, todos os nomes que sabía e firmar unha declaración preparada.
A maior parte dos detidos, aínda non tiveran tempo de integrarse na organización. Entre os detidos atopábanse << Las Trece Rosas Rojas >>, que foron detidas e conducidas primeiro a instalacións policiais, onde foron torturadas, e despóis ao cárcere de mulleres de Ventas.

O 27 de xullo de 1939, tivo lugar un atentado contra o coche onde viaxaba o comandante Isaac Gabaldón, antigo membro da << quinta columna >> de Madrid e alto cargo do aparato represivo franquista. Todo parecía indicar que fora obra dalgún grupo de antiguos soldados da República, pero o réximen interpretouno como un desafío dun adversario ao que cría totalmente aniquilado, e decidíu castigar aos verdadeiros ou supostos responsables dun modo exemplar.

Un primeiro consello de guerra sumarísimo celebrouse a primeira semana de agosto en Madrid, donde condenaronse a morte a 65 dos 67 acusados. Na madrugada do 5 de agosto de 1939, foron fusiladas 63 persoas, entre elas << Las Trece Rosas >>, xunto unha tapia do cementerio da Almudena de Madrid. Uns días despois foron fusilados un número indeterminado de homes e mulleres. Os asesinados, foron acusados de atentar contra Gabaldón, de rorganizar as JSU e o PCE para cometer actos delictivos contra o orden social e xurídico da nova España, e por adhesión á rebelión.

Os fusilamentos saltaron máis tarde a prensa internacional, cando se coñeceu que entre os primeiros 63 asesinados, atopabanse trece mulleres xovenes. Unha filla de madame Curie, promoveu unha campaña de protesta en París por << Las Trece Rosas Rojas >> que tivo un gran impacto en Francia. A pesar disto, o sanguinario réxime franquista non detivo a súa espiral represiva. 



O fusilimento destas mulleres e de todas as persoas que foron asesinadas inxustamente é un claro recordó na nosa historia de cómo tivemos que loitar para lograr a nosa liberdade, co sacrificio de centos de persoas dando as suas vidas pola sua ideoloxía e pola sua liberdade.
Neste libro destacaría catro ideas principais: a caída de Madrid e da República Española, a loita política clandestina nos primeira época franquista, a vida cotiá na posguerra, e a represión, a tortura e os fusilamentos.
Sinceramente, decepcionoume un pouco o libro, xa que esperabame unha novela coa súa trama, e atopeime un texto máis informativo e de raíz periodístico, pero a pesar diso a historia da que nos informa é un tema que debería coñecer todos os españois, porque ao fin e ao cabo é parte da nosa historia.   

No hay comentarios:

Publicar un comentario